Sinatura dun convenio de colaboración entre a Real Orde de Cabaleiros María Pita e a FWFF
O pasado sábado, día 29 de abril, asinouse un convenio de colaboración entre os Cabaleiros da Real Orde de María Pita e a Fundación Wenceslao Fernández Flórez en Villa Florentina.
O motivo é a celebración dos XXXI Xogos Florais María Pita, que estarán dedicados este ano ao escritor Wenceslao Fernández Flórez dado que no 2023 El bosque animado, a súa novela máis célebre, cumpre 80 anos.
Unha ampla representación dos Cabaleiros de María Pita visitaron Villa Florentina e fixeron un percorrido pola casa-museo dedicada ao escritor, en Cecebre.
Na imaxe, don José Luis Castro de Paz, presidente da FWFF, e don José Enrique Duarte Novo, Mestre da Real Orde, no momento da sinatura.
Comments