top of page
 WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

 

CASA-MUSEO

Aínda que Wenceslao Fernández Flórez pasou a maior parte da súa vida en Madrid, a casa coñecida como 'Villa Florentina', sita no número 14 de Cálea Apeadeiro (na localidade de Cecebre, Concello de Cambre, na provincia da Coruña), é un referente importante na vida e a obra do escritor. A ela acudiría con frecuencia, escapando do trafego urbano madrileño, en busca do acougo natural da terriña galega. Nela alumou unha das súas obras mellor coñecidas, El Bosque Animado, inmortalizando o encanto máxico e misterioso da fraga adxacente, un ben longo tempo desaparecido. Actualmente, a casa serve como sede da Fundación e como Casa-Museo, cuxa Directora é Alicia Longueira. Aquí albérganse os aveños domésticos do escritor, os seus libros e outros materiais de gran interese investigador. O seu papel máis relevante é a exposición permanente de obras e obxectos persoais, aínda que a súa biblioteca e outros recunchos da casa serven para transportarnos a outro tempo e penetrarnos na vida cotiá do artista. Teresa Moris é a bibliotecaria e arquiveira voluntaria da Casa-Museo. Por outra banda o lugar dispón de espazos culturais pluridisciplinares, de interior e ao aire libre, nos que se desenvolve unha variada programación de actividades culturais.

 
Casa Museo/Biblioteca /Interese 
Investigador/Exposición Permanente

'Villa Florentina'

Villa Florentina/Inspiración/Acougo/
Natureza/Entorno Máxico/ Místico 

Se queres apoiar as nosas iniciativas aportartando ben recursos ou ben  o teu tempo estaremos encantados de contar coa túa participación e informarte de todas as túas vantaxes como colaborador. Anímate! Participa!

bottom of page