top of page
WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
Wenceslao Fernández Flórez (FWFF).
QUE É A FUNDACIÓN WFF
A Fundación Wenceslao Fernández Flórez é unha institución de interese público e sen ánimo de lucro, cuxo principal obxectivo fundacional é constituírse en centro de estudo e investigación en torno ao quefacer literario, xornalístico e cinematográfico deste ilustre coruñés. Para iso, a Fundación establece como sede Casa-Museo Wenceslao Fernández Flórez, sita no lugar de Apeadeiro nº 14, Cecebre, A Coruña, co fin de preservar o patrimonio inmobiliario, textual e bibliográfico,
promocionar o estudo da súa obra e divulgar a pertinente reflexión crítica sobre a súa relevancia e transcendencia histórica. O ámbito territorial da Fundación é, en primeira instancia, o da Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que o seu quefacer científico-cultural poderá desenvolverse en calquera outra parte de España ou en calquer país estranxeiro que o Padroado considere convenientes para cumprir coa súa misión fundacional, segundo establecen os seus Estatutos. A este respecto, a Fundación estará en permanente contacto e relación coa comunidade universitaria e con outras fundacións ou centros de investigación, públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cuxos intereses coincidan cos da Fundación.
"
Wenceslao Fernández Flórez
reatratado por Mingote xunto os leóns do Parlamento de España retratado por Mingote junto al león parlamentario
Los pájaros volvieron. Ningún árbol tornó a pensar en convertirse en sillas y en trincheros. La fraga recuperó de golpe su alma ingenua, en la que toda la ciencia consiste en saber que de cuanto se puede ver, hacer o pensar sobre la tierra, lo más prodigioso, lo más profundo, lo más grave es esto: vivir.
“El humor es, sencillamente, una posición frente a la vida.”
Relevancia histórica
QUEN É WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ
"
Wenceslao Fernández Flórez (1885-1964) é, sen dúbida, unha das principais figuras literarias da primeira metade de século XX. Xornalista accidental desde os quince anos, alcanzou a fama como comentarista parlamentario do ABC, na súa columna "Acotaciones de un oyente", a través da cal logrou refractar con finísima ironía as principais preocupacións sociais e políticas do momento. E dotado dunha gran capacidade expresiva, soubo trasladar ao plano literario toda unha serie de tipos, circunstancias, valores e actitudes - persoais e colectivas - que lle valeron as simpatías dun amplo e moi leal público lector, converténdose moi pronto nun dos poucos "clásicos vivos" do seu tempo. De igual maneira, o seu interese polo cinema levouno a trasladar moitas das súas grandes obras á gran pantalla, colaborando cos principais guionistas, directores e elencos actorais da época. Con todo, a pesar do seu enorme éxito dentro e fóra de España, o seu quefacer novelístico, xornalístico e cinematográfico continúa sendo hoxe un inesgotable filón investigador. De aí a perentoria necesidade de poñer en valor o significado e transcendencia histórico-social da súa obra, para situarlle en digna prelación entre os grandes escritores españois (mesmo europeos) do pasado século.
Se desexa coñecer máis sobre a figura deste polifacético escritor, pode ler a continuación o traballo "Recepción crítica de Wenceslao Fernández Flórez: El canon y la historia de la literatura", da autoría de Fidel López Criado.
El bosque animado - Radio 5
00:00 / 00:00
bottom of page