top of page
 WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

 

Featured Posts

Presentación do libro Acariñando o ceo de Cecebre


Coincidindo co XVI Aniversario da apertura da Casa-museo WFF ao público o próximo sábado 10 de xuño, ás 19.00h, terá lugar a presentación do libro Acariñando o ceo de Cecebre.

Trátase dunha edición na que se recolle a obra do pintor pontevedrés Alex Vázquez inspirada na novela do escritor Wenceslao Fernández Flórez El bosque animado.

Inclúense no libro textos de Paco Hernández Soto (Círculo Cultural Depotivo Sanxenxo), José Luis Castro de Paz e Alicia Longueira Moris (FWFF), Amelia Palacios (pintora, filla de Alex Vázquez) e Jorge Quiroga (pintor), á marxe dos framentos da novela de WFF que acompañan a cada cadro.

Esta edición, cuxa iniciativa corre a cargo do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo foi feita coa colaboración da Fundación DAMM e da Fundación WFF.

Parte dos cadros que se inclúen nesta colección foron expostos por vez primeira en Villa Florentina no ano 2015 con grande éxito.

PRESENTACIÓN: Sábado 10 de xuño de 2017, ás 19.00h, en Villa Florentina.

Posts
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page