DECEMBRO EN VILLA FLORENTINA
DÍA 1. Actuación do cantautor PARIS JOEL que interpretará algunhas das súas novas cancións. 19.00 h
DÍA 15. Visita de PAPA NOEL a Villa Florentina recepción oficial. Todos aqueles que estean interesados en entregar persoalmente as súas peticións a Papa Noel . 19.00 h
DÍA 16. O grupo de teatro Volvoreta estrea en Villa Florentina a obra O APALPADOR, dirixida por Rebeca Amor. Ás 18.00 h
DÍA 22. Cantares de Reis a cargo do Coro Arumes da Fraga, da FWFF, dirixidos por Alex Ruíz e actuación do grupo de teatro Volvoreta no Centro Sociocultural do Graxal coa obra O APALPADOR dirixida por Rebeca Amor nun acto organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Cambre. Ás 18.00 h.
DÍA 23. Actuación do grupo de teatro Fas-que-Fas no Centro Sociocultural do Graxal coa obra PECATA MINUTA, dirixida por Fernando Martínez Gallego, nun acto organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Cambre. Ás 20.00 h
DÍA 28. Radionovela El secreto de Julia. Recreación teatral con música en directo. No Salón de Actos Alianza Artesana da Biblioteca Municipal de Ares. Ás 18.00 h
DÍA 29. Tertulia filosófica con Javier F. Rouco. Será ás 19.00 h e con esta actividade pechamos o calendario do ano 2018 e brindaremos polo próximo 2019.