Revista Volvoreta número 8
Desde hai uns días xa temos o número 8 da revista Volvoreta a disposición das persoas interesadas na páxina web en formato dixital. Este número leva por título "As películas perdidas de Wenceslao Fernández Flórez. Estudos e materiais documentais". Neste volume poden lerse artigos de Jean-Claude Seguin, Héctor Paz Otero, José María Folgar de la Calle, Isabel Sempere e José Luis Castro de Paz ademais de José Luis Mëndez Romeu. Para alén diso, na sección CEFILMUS, preséntanse traballos de Dolores-Thion Soriano Mollá, Fernando Redondo Neira e Xosé Nogueira Otero. Estes artigos compleméntanse cun copioso e riguroso material documental que da unha mostra da importancia que no seu tempo tiveron diversas películas baseadas na obra literaria de WFF e das que non se conserva cinta algunha ou escasos minutos da mesma.
A edición e publicación deste exemplar puido levarse a cabo grazas á axuda que, o Concello da Coruña, fixo a través da Concellería de Cultura.
Na sección Revista, desta mesma páxina web, pode accederse a este número así como aos anteriores exemplares da revista Volvoreta.
Comments