top of page
 WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

 

Featured Posts

Visita oficial de Papa Noel a Villa Florentina

Desde a FWFF comprácenos comunicarlles que o próximo sábado, día 16 de Nadal, a partir das 19.00 h, Papa Noel visitará Villa Florentina para recibir a aquelas nenas e nenos que queiran facer as súas peticións especiais para o que resta deste ano e para o que pronto comezará.

Queremos agradecer a Papa Noel e a todo o equipo que traballa na Fábrica de Xoguetes en Napapiiri (Laponia) o seu ímprobo esforzo e a xenerosa dedicación que poñen, ano tras ano, para atender as peticións de todas as pequenas criaturas que, con inquedanzas tan variadas e, en ocasións, tan complexas, poñen a proba a capacidade da Factoría.

Dun xeito especial, agradecemos a Papa Noel que, unha vez máis, faga oco na súa apretadisísima axenda destes días para facer escala en Villa Florentina e escoitar as voces ilusionadas dos máis e dos menos pequeniños da casa.



Posts
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page