Presentación do libro de Héctor Paz Otero Poética da derrota: a literatura de Wenceslao Fernández Fl
A Editorial Vía Láctea e a Fundación Wenceslao Fernández Flórez, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, acaban de editar o libro de Héctor Paz Otero Poética da derrota: a literatura de Wenceslao Fernádez Flórez no cine.Trátase dun rigoroso estudo centrado en catro translacións á pantalla de obras de Wenceslao Fernández Flórez que conxuga análise literaria e análise fílmica para detectar os vínculos semánticos e formais entre a literatura do escritor coruñés e o cinema español dos anos corenta. A Fundación Wenceslao Fernández Flórez acolleu o acto de presentación da obra no que estiveron presentes, ademais do autor, o presidente da Fundación, José Luis Castro de Paz, así como o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.